Desenrolado por coroa.es
A Asociación para a Prevención da Exclusión Social e as concellerías de Sanidade e Igualdade e Benestar Social presentaron unha campaña de sensibilización sobre os riscos de consumir alcohol e conducir, que contará tamén coa colaboración das autoescolas locais.
"Conducindo cos cinco sentidos" programará distintas actividades, como a que se desenvolverá o dia 23 de Xullo dende as 19 horas na Praza Maior do Carballiño.
Tanto a presidenta da asociación Raquel Crespo, como o concelleiro de sanidade Martín Nogueira, convidaron "a tos a participar nesta campaña porque é necesario concienciar á sociedade sobre os riscos que conleva a combinación coche-alcohol".
Nogueira salientou a colaboración que o concello carballiñés mantén con esta asociación dende o ano 2013, tanto coa propia institución municipal como a través doutros colectivos, como a asociación de comerciantes do Carballiño para favorecer a incorporación ao mundo laboral de persoas en situación de risco social.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-apes-colaboran-na-prevencion-de-conductas-de-risco-e-da-exclusion-de-colectivos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-apes-colaboran-na-prevencion-de-conductas-de-risco-e-da-exclusion-de-colectivos
[3] whatsapp://send?text=Concello e APES colaboran na prevención de conductas de risco e da exclusión de colectivos vulnerables http://copecarballino.es/novas/concello-e-apes-colaboran-na-prevencion-de-conductas-de-risco-e-da-exclusion-de-colectivos
[4] https://copecarballino.es/print/43606