Desenrolado por coroa.es
A cita é o domingo 24 de Agosto na vila de Leiro, que acollerá a edición 25 deste acontecemento festivo e etnográfico.
A actividade estrela da programación é o gran desfile de carrozas e charangas, que decorrerá pola rúa principal de leiro a partir das 12,30 horas, antes, a conselleira do Medio Rural e o Mar, Rosa Quintana será a pregoneira da festa, na praza do Cruceiro.
Ademáis do concurso de carrozas, tamén están convocados os de acios, e adorno de balcóns e locais.
No parque do Salgueiral celebraráse un mercado artesanal, e tamén o xantar popular dende as 14,30 horas. Pola tarde, actividades infantís e baile cun grupo musical.
As oito da tarde, na igrexa de San Pedro, terá lugar o festival de corais da vendima, no que participarán este ano a Coral Santa Marta de Xinzo de Limia e os anfitrións da Coral Val do Avia de Leiro.
As 21 horas, completaráse a programación desta Festa da Vendima 2014 coa actuación do grupo de música tradicional galega " A Roda".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-25-aniversario-da-festa-da-vendima-con-múltiples-actividades
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-25-aniversario-da-festa-da-vendima-con-múltiples-actividades
[3] whatsapp://send?text=Leiro celebra o 25 aniversario da Festa da Vendima con múltiples actividades http://copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-25-aniversario-da-festa-da-vendima-con-múltiples-actividades
[4] https://copecarballino.es/print/43632