Desenrolado por coroa.es
A sesión, convocada a instancias dos socialistas, propiciou o debate e tratamento plenario da problemática que afecta ás traballadoras do servizo municipal de axuda a domicilio e o conflicto laboral que manteñen coa empresa concesionaria do mesmo. O grupo socialista requeríu, sen éxito, ao goberno municipal para que se comprometera "na procura dunha saída e que retire a concesión á empresa ante os seus reiterados incumprimentos, que levaron ás traballadoras incluso á folga".
Outra das demandas á que puxeron voz os socialistas foi a relativa á reapertura do matadoiro, o concelleiro Adolfo Nogueira criticou "as continuas e falsas promesas incumplidas" que despois de dous anos manteñen inactivas estas instalacións. O alcalde carballiñés confirmou que a Xunta de Galicia xa autorizou ao concello para que poida convocar o concurso público que adxudicará a explotación destas instalacións, aínda que sigue pendiente a autorización de sanidade.
O PSdG tamén trasladou ao grupo de goberno "o gran descontento por un PXOM que non só condena ao rural á súa desaparición, senón que ademáis carece de claridade na aplicación dos criterios técnicos". Por elo, pediron ao goberno municipal que proceda á retirada deste proxecto. Dende o PP recordaron "que foron precisamente os socialistas os que encargaron a reforma deste plan" e o alcalde Marnotes anunciou un reaxuste nos prazos para a presentación inicial do futuro planeamento urbanístico, que se amplia agora ata finais de 2015.
As protestas contra o incremento de taxas no conservatorio profesional de música do Carbaliño e nas escolas deportivas foron outros argumentos que utilizaron os socialistas neste pleno para criticar a xestión do goberno municipal do Partido Popular.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-traslada-ao-pleno-da-corporacion-demandas-de-varios-colectivos-criticos-coa-xestion-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-traslada-ao-pleno-da-corporacion-demandas-de-varios-colectivos-criticos-coa-xestion-do
[3] whatsapp://send?text=O PSdG traslada ao pleno da corporación as demandas de varios colectivos, críticos coa xestión do goberno municipal http://copecarballino.es/novas/o-psdg-traslada-ao-pleno-da-corporacion-demandas-de-varios-colectivos-criticos-coa-xestion-do
[4] https://copecarballino.es/print/43656