Desenrolado por coroa.es
Tratase dun curso práctico que "responde á demanda recollida na área da muller e especialmente dirixido a mulleres xóvenes de cara previr situacións de risco", apuntou a concelleira de Igualdade e Benestar Social Purificación Alberte.
O curso terá unha duración de 12 horas, desenvolveráse os sábados, e no mesmo ensinaránse técnicas doadas de aprender e executar ante as agresións máis comúns, en base á practica do HAP-KI DO "que non é un deporte de combate, é puramente defensa persoal", aclarou a concelleira. As incripcións poden facerse no local de Servizos Sociais, na rúa Faustino Santalices.
Doutra parte, este mesmo departamento municipal organiza un "curso de capacitación política e técnica para o persoal do concello" que ten como finalidade desenvolver as capacidades básicas para detectar a existencia de desigualdades na sociedade, e asi ir incorporando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito das competencias municipais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/área-de-igualdade-organiza-un-curso-de-autodefensa-para-mulleres-e-outras-actividades
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/área-de-igualdade-organiza-un-curso-de-autodefensa-para-mulleres-e-outras-actividades
[3] whatsapp://send?text=A Área de Igualdade organiza un curso de autodefensa para mulleres e outras actividades http://copecarballino.es/novas/área-de-igualdade-organiza-un-curso-de-autodefensa-para-mulleres-e-outras-actividades
[4] https://copecarballino.es/print/43657