Desenrolado por coroa.es
O BNG carballiñés manifesta a "preocupación e malestar pola situación na que se atopa o servizo de emerxencias do concello do Carballiño, xa que a partir deste martes 20 de xaneiro os voluntarios deixan de facer gardas".
Ata o pasado dia 31 de Decembro o concello carballiñés tiña contratados 12 traballadores, un servizo que se financiou a trávés do plan de cooperación "e agora quedámonos sen un servizo tan necesario par a cidadanía do Carballiño".
Engaden os nacionalistas que esta situación "pon de manifesto o liderazgo do alcalde do Carballiño, e sen querer ser alarmistas acusamos ao Partido Popular e ao seu alcalde de imprudencia temeraria".
Por último, desde o BNG critican "os imcumprimentos do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa que afirmou en varias ocasións que o parque de bombeiros estaría en funcionamento no ano 2014".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-cualifica-de-imprudencia-temeraria-situación-do-servizo-municipal-de-emerxencias
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-cualifica-de-imprudencia-temeraria-situación-do-servizo-municipal-de-emerxencias
[3] whatsapp://send?text=O BNG cualifica de
[4] https://copecarballino.es/print/43741