Desenrolado por coroa.es
A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, visitou o centro ocupacional de Aspadasi no Carballiño, que oferta un total de 22 prazas públicas para persoas con discapacidade ás que a Consellería de Traballo e Benestar destina 153.000 euros ao ano. A asociación Aspadisi ocúpase da formación de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Carballiño.
Piñeiro percorreu as instalacións de Aspadisi, nun edificio sito nas inmediacións do auditorio municipal do Carballiño, e mantivo un encontro cos directores, cos traballadores e cos propios usuarios do centro para coñecer de primeira man as súas demandas e, deste xeito, pulsar a súa realidade cunha perspectiva global que permita posteriores actuacións, se fose necesario.
A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-153000-euros-ao-ano-para-manter-22-prazas-públicas-no-centro-de-aspadisi
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-153000-euros-ao-ano-para-manter-22-prazas-públicas-no-centro-de-aspadisi
[3] whatsapp://send?text=A Xunta destina 153.000 euros ao ano para manter 22 prazas públicas no centro de Aspadisi http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-153000-euros-ao-ano-para-manter-22-prazas-públicas-no-centro-de-aspadisi
[4] https://copecarballino.es/print/43780