Desenrolado por coroa.es
O candidato do PSdeG á alcaldía, Paco Fumega, trasladou onte aos traballadores do Matadoiro, o Servizo de Emerxencias, de Axuda no Fogar e Residencia do Tempo Libre, o seu "máximo apoio nas súas reivindicacións, e o compromiso de buscar unha solución ante a inacción e a manifesta incapacidade de Marnotes".
Máis de 40 representantes deste colectivos acudiron onte a unha xuntanza co candidato á alcaldía e cos deputados autonómicos da provincia, María Quintas e Pachi Vázquez.
Fumega comprometeuse "a atopar unha solución a esta situación cando chegue á alcaldía". Pola súa parte, os deputados socialistas ofrecéronlle tamén o seu máximo "apoio e comprometéronse a facer chegar as súas reivindicacións á Xunta mediante iniciativas que presentarán no Parlamento Galego".
Os colectivos din "sentirse enganados e esquecidos polo goberno de Marnotes, e incluso castigados dende que comezaron a expresar as súas protestas polos incumprimentos do alcalde".
O PSdeG lamenta que "Marnotes permaneza impasible ante a situación destes traballadores e considera inaceptable a actitude de desprezo e arrogancia ante as súas demandas, que non é propia dun alcalde que ten que defender aos seus cidadáns".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-paco-fumega-pachi-vazquez-e-maria-quintas-reunense-cos-traballadores-criticos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-paco-fumega-pachi-vazquez-e-maria-quintas-reunense-cos-traballadores-criticos
[3] whatsapp://send?text=Os socialistas Paco Fumega, Pachi Vázquez e Maria Quintas reúnense cos traballadores críticos con Marnotes http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-paco-fumega-pachi-vazquez-e-maria-quintas-reunense-cos-traballadores-criticos
[4] https://copecarballino.es/print/43781