Desenrolado por coroa.es
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o concello do Irixo para coñecer "in situ" as actuacións que se executaron no municipio ao abeiro das subvencións do Fondo de compensación Ambiental, onde destacou "o beneficio que aporta o Fondo para os pequenos concellos da provincia".
Rogelio Martínez, que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Penedo, destacou que no Irixo apostouse polas obras no abastecemento e a recuperación de espazos degradados, e a subvención por importe de máis de 56.000 euros utilizouse para resolver o problema da subministración de auga potable que tiña a poboación da parroquia de Cangues e para recuperar as dúas pozas empregadas para a regulación e reserva de auga en Casar de Cangues.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-executa-obras-subvencionadas-polo-fondo-de-compensacion-ambiental-en-cangues
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-executa-obras-subvencionadas-polo-fondo-de-compensacion-ambiental-en-cangues
[3] whatsapp://send?text=O Irixo executa obras subvencionadas polo Fondo de Compensación Ambiental en Cangues http://copecarballino.es/novas/o-irixo-executa-obras-subvencionadas-polo-fondo-de-compensacion-ambiental-en-cangues
[4] https://copecarballino.es/print/43802