Desenrolado por coroa.es
Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.
Tarde gris dos verdes que tan só na primeira parte fixeron méritos para sacar o partido adiante, pero que se viñeron abaixo na segunda parte, sobre todo despois de encaixar o primeiro gol.
A nota positiva do Arenteiro foi o debut co primeiro equipo dos xuvenís Pol e Esteban, e tamén a homenaxe ao capitán Carlos Escudero, que tras cinco tempadas xogou o seu último partido co Arenteiro en Espiñedo, non aínda o último coa camiseta verde, xa que aínda queda pendiente a competición copeira.
Tamén foi o último partido co Arenteiro en Espiñedo para o mister Miki López, que tras dous anos no club e conseguir deixar ao Arenteiro en Preferente, non continuará a vindeira tempada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cd-arenteiro-cerra-liga-con-derrota-ante-o-marcón-no-que-foi-o-último-partido-en-espiñedo-para
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cd-arenteiro-cerra-liga-con-derrota-ante-o-marcón-no-que-foi-o-último-partido-en-espiñedo-para
[3] whatsapp://send?text=CD Arenteiro cerra a liga con derrota ante o Marcón AT. no que foi o último partido en Espiñedo para o capitán Carlos Escudero e o adestrador Miki López http://copecarballino.es/novas/cd-arenteiro-cerra-liga-con-derrota-ante-o-marcón-no-que-foi-o-último-partido-en-espiñedo-para
[4] https://copecarballino.es/print/43865