Desenrolado por coroa.es
O motivo estivo na imposibilidade de cubrir o turno de noite, por non dipoñer dos axentes necesarios.
O Carballiño estivo durante a última semana sen este servizo de Policia Local polas noites, xa que a maiores dos dous axentes que están de vacacións houbo que sumar dúas baixas laborais.
O concelleiro de persoal, tráfico e seguridade, Adolfo Nogueira asegurou a esta emisora de radio que "se tratou dunha circustancia excepcional e motivada pola baixa temporal de dous axentes". Engadíu que "se informou da situación á Garda Civil, e non houbo ningún problema".
Doutra parte, desde Xefatura da Policia Local indicouse que o servizo quedará restablecido con normalidade a partir desta próxima noite.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-volve-prestar-servizo-nocturno-tras-suspenderse-durante-unha-semana
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-volve-prestar-servizo-nocturno-tras-suspenderse-durante-unha-semana
[3] whatsapp://send?text=A Policia Local volve prestar servizo nocturno, tras suspenderse durante unha semana http://copecarballino.es/novas/policia-local-volve-prestar-servizo-nocturno-tras-suspenderse-durante-unha-semana
[4] https://copecarballino.es/print/43902