Desenrolado por coroa.es
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos alcaldes de Cenlle, Punxín e San Amaro, Gabriel Alén, Manuel Vázquez e Ernesto Pérez para analizar con eles os problemas de abastecemento de auga nestes concellos, que solicitaron a colaboración do goberno provincial para mellorar o subministro de auga nestes tres municipios ourensáns. Na xuntanza, que tivo lugar no Pazo Provincial, Manuel Baltar expresoulles aos rexedores que a Deputación de Ourense "estudará as posibles vías de cooperación para levar a cabo actuacións que permitan modernizar a rede de abastecemento nestes concellos", e dixo que a Deputación "está a elaborar un estudo económico para ver o grao de colaboración do ente provincial, tamén coa participación dos tres concellos".
Os alcaldes avaliaron co presidente provincial as obras que se están a executar e que consisten na ampliación do bombeo e tratamento de auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Razamonde e a construción de depósitos de cabeceira en cada un dos concellos afectados e as respectivas redes.
Con esta actuación preténdese dar solución definitiva aos problemas que o subministro de auga de consumo humano representa para os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro.
Como a ETAP está ubicada no Concello de Cenlle e a auga vai ser distribuída aos municipios dende a mesma, plantexase o problema da xestión no futuro da citada ETAP, ante o cal Manuel Baltar comprometeuse a que a Deputación de Ourense estudará a posibilidade de asumir conxuntamente cos concellos a dita xestión técnica e económica, dado que esta excede as capacidades materiais, financeiras e persoais dos municipios afectados. "A función principal do goberno provincial e cooperar cos concellos e asistilos, como vimos facendo neste e noutros ámbitos de actuacións", explicou Manuel Baltar, quen engadiu que un ben tan prezado e necesario como a auga "necesita de solucións eficaces e dunha xestión eficiente que garanta o mellor servizo para os cidadáns".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-cenlle-e-punxin-piden-deputacion-axuda-para-xestion-tecnica-e-economica-da-etap-que
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-cenlle-e-punxin-piden-deputacion-axuda-para-xestion-tecnica-e-economica-da-etap-que
[3] whatsapp://send?text=San Amaro, Cenlle e Punxín piden á Deputación axuda para a xestión técnica e económica da ETAP que dará servizo aos tres municipios http://copecarballino.es/novas/san-amaro-cenlle-e-punxin-piden-deputacion-axuda-para-xestion-tecnica-e-economica-da-etap-que
[4] https://copecarballino.es/print/43966