Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño afirma que "as brigadas municipais actuaron con celeridade para dar cobertura a todolos afectados, cun operativo no que participaron o responsable dos servicios eléctricos municipais, e o mesmo tempo tanto Protección Civil como Policía Local iniciaron o protocolo propio destes casos, dirixidos polo alcalde carballiñés. Así a Policía Local dotou rapidamente de servicio de telefonía e comunicación o Centro de Saúde, afectado pola incidencia".
Efectivos de Protección Civil tiveron que rescatar a dúas persoas que quedaron atrapadas en ascensores. En concreto tiveron que rescatar a un vecino da Praza do Emigrante e outro da avenida 25 de Xullo. Outros veciños -polo menos en catro edificios do Carballiño- foron atendidos por persoal das empresas de mantemento dos ascensores.
Tal e como informaron dende a empresa subministradora , o problema tivo a súa orixe nas proteccions da liña de media tensión, afectando á maioría dos centros transformadores que abastecen o casco urbano do Carballiño. Tamén resultaron afectados centros transformadores do concello de Maside, de feito, a zona da Fontela foi a primeira en quedar sen suminstro.
A maior parte da poboación carballiñesa quedou sen suminstro eléctrico ás 21:37 horas do pasado domingo, os cortes tiveron distinta duración según o centro transformador que abastece a cada zona, asi, as máis tardías en recuperar a normalidade non o fixeron ata ben pasadas as once da noite. Maís tarde, na mesma noite do domingo e aínda na mañá do lúns, producironse varios microcortes, que volveron afectar a unha gran parte dos usuarios do casco urbano carballiñés.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-asegura-que-actuou-con-celeridade-na-averia-da-rede-electrica-que-deixou-este
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-asegura-que-actuou-con-celeridade-na-averia-da-rede-electrica-que-deixou-este
[3] whatsapp://send?text=O concello asegura que actuou
[4] https://copecarballino.es/print/43996