Desenrolado por coroa.es
Quizás no peor partido do Arenteiro no que vai de liga no Estadio de Espiñedo, os verdes lograron -eso foi o mellor da tarde- volver á senda das victorias, deixando atrás unha série de 3 derrotas. Corría o minuto 72 de partido cando Marcos Sotelo sorprendeu cun magnífico zurdado dende 25 metros que se colou como unha exhalación sen que o porteiro da Unión Grove non poidese facer nada para evitar o gol local.
O partido estivo atascado dende o inicio, cunha primeira parte mala de solemnidade, e unha segunda na que tan so a incerteza no marcador mantiña a emoción dos aburridos afeccionados que acudiron a Espiñedo.O Arenteiro xogou dende o minuto 84 con dez xogadores, por expulsión directa de Victor Gallego.
Ambos equipos dispuxeron dun par de ocasións de gol no transcurso do partido, as dúas do Arenteiro a balón parado, na primeira parte na execución dunha falta na que Marc enviou o balón ao longueiro, e na segunda metade, tamén ao lanzamento doutra falta, que rematou con moita intención Vitti e a pelota foise fora por pouco.
Xa no tempo de desconto, e acaso na mellor xogada da tarde dos verdes, Pana culminouna cun gol que foi anulado polo árbitro lucense Jesús López, a instancia da asistente internacional Tania Fente, que o próximo martes formará parte do trio arbitral que dirixirá o Israel-Gales de fútbol femenino.
No Arenteiro formaron de inicio: Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Marcos Sotelo, Dafonte, Bardelás, Marc, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Victor Gallego, Ocampo e Pana.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-soberbio-gol-de-marcos-sotelo-da-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-union-o-grove
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-soberbio-gol-de-marcos-sotelo-da-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-union-o-grove
[3] whatsapp://send?text=Un soberbio gol de Marcos Sotelo da ao Arenteiro os 3 puntos ante á Union O Grove http://copecarballino.es/novas/un-soberbio-gol-de-marcos-sotelo-da-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-union-o-grove
[4] https://copecarballino.es/print/44010
[5] https://copecarballino.es/image/os-verdes-celebran-o-gol-de-marcos-sotelo