Desenrolado por coroa.es
As nenas e nenos do Carballiño poderán acompañar aos Reis Magos na cabalgata que se desenvolverá este martes dia 5, a partir das seis da tarde, entre o templo da Veracruz e o concello. Malia ás adversas condicións meteorolóxicas, a previsión apunta a un lixeiro melloramento a partir das seis da tarde, polo que o concello do Carballiño decidiu manter o itinerario previsto inicialmente.
A cabalgata partirá ás seis da tarde do templo da Veracruz e percorrerá as rúas Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, Ribeiro e Cesáreo Tizón, para culminar, ás sete da tarde, na Praza Maior, fronte ao concello.
A continuación os reis saudarán aos nenos e nenas dende o balcón da casa consistorial, compartirán o saúdo co alcalde, e de seguido terá lugar a recepción no salón de actos.7
Máis dun cento de persoas participarán na cabalgata, que estará formada por tres carrozas profusamente engalanadas e iluminadas para a ocasión. As carrozas, nas que irán os reis e os paxes, contarán coa animación musical da Escola de Gaitas do Carballiño, de Banda de Música municipal, así como do son propio que levan incorporado.
Non obstante, e dependendo da tregua da chuvia, podería variar o acompañamento musical en determiñados tramos do percorrido.
Ainda que todas as previsións consultadas, apuntan a unha dimunición da pluviosidade a partir das seis da tarde, cun período de chuvia prácticamente inapreciable, que permitirá que a cabalgata se poida desenvolver sen perigo para os participantes e o público, prégase se manteñan as distancias de seguridade con respecto ás carrozas, para evitar calquera posible contratempo. Ao respecto, o concello velará ao máximo pola seguridade durante o percorrido da cabalgata.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-manten-celebracion-da-cabalgata-de-reis-agardando-unha-mellora-do-tempo-partir-das
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-manten-celebracion-da-cabalgata-de-reis-agardando-unha-mellora-do-tempo-partir-das
[3] whatsapp://send?text=O concello mantén a celebración da cabalgata de reis agardando
[4] https://copecarballino.es/print/44029