Desenrolado por coroa.es
O concelleiro de Persoal e Seguridade, Adolfo Nogueira, asinou o contrato cos dez membros do Grupo de Emerxencias Municipal, "tras un longo período de incertidume sobre o seu futuro, que viña dende o pasado mandato municipal", manifestan dende o concello carballiñés. O pasado dia 21 de Decembro venceron os anteriores contratos de traballo.
Ao acto, que se desenvolveu no salón de sesións do concello, tamén asistiu o alcalde, Paco Fumega, quen agradeceu a súa dedicación e pediu disculpas polo retraso na consecución do obxectivo para a súa continuidade.
Asemade, Nogueira salientou que, "malia ás dificultades, os carballiñeses en ningún momento estiveron desprotexidos e que agora se regulariza unha situación anómala á que nunca se debeu chegar".
Felicitouse polo acordo acadado e asegurou que "se facía un esforzo a prol da seguridade des veciños e veciñas do Carballiño".
O contrato formalizouse con a oitop eóns e dous capataces, co que o Grupo queda conformado por doce persoas, xa que outros dous capataces xa forman parte da plantilla municipal.
Desta maneira constitúense catro brigadas de tres persoas (douspeóns e un capataz), de xeito que se cubran as 24 horas do día en turnos de 8 horas, mentres descansa a cuarta brigada.
O concello destina unha partida anual de 350.000 euros, co que se cubre a totalidade do custo do Grupo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-da-continuidade-ao-servizo-municipal-de-emerxencias-contratando-10-traballadores
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-da-continuidade-ao-servizo-municipal-de-emerxencias-contratando-10-traballadores
[3] whatsapp://send?text=O concello da continuidade ao Servizo Municipal de Emerxencias contratando a 10 traballadores http://copecarballino.es/novas/o-concello-da-continuidade-ao-servizo-municipal-de-emerxencias-contratando-10-traballadores
[4] https://copecarballino.es/print/44037