Desenrolado por coroa.es
Os seus pais, ao ver que non saía para o traballo, entraron na habitación e atopárono morto. Rubén Pérez Vázquez, tiña 36 anos, formaba parte do grupo municipal socialista no concello de Piñor.
A última hora da mañá realizouse a autopsia do cadáver, que deberá concretar as causas da repentina morte.
O concello de Piñor decretou loito oficial polo falecemento do seu concelleiro. O PSdeG emitíu un comunicado no que expresa a "inmensa dor" polo repentino falecemento e traslada as condolencias á familia, amigos e compañeiros socialistas, especialmente ao grupo municipal socialista do concello de Piñor.
O cadáver vélase no velorio municipal de Piñor ata as cinco da tarde deste xoves dia 18 de Febreiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/encontran-morto-ao-concelleiro-socialista-de-pinor-ruben-perez-vazquez-de-36-anos-na-sua-casa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/encontran-morto-ao-concelleiro-socialista-de-pinor-ruben-perez-vazquez-de-36-anos-na-sua-casa
[3] whatsapp://send?text=Encontran morto ao concelleiro socialista de Piñor Rubén Pérez Vázquez, de 36 anos, na súa casa familiar de Fontelo http://copecarballino.es/novas/encontran-morto-ao-concelleiro-socialista-de-pinor-ruben-perez-vazquez-de-36-anos-na-sua-casa
[4] https://copecarballino.es/print/44067