Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño estudia modelos de eficiencia enerxética nas instalacións públicas, co obxectivo de mellorar a calidade da iluminación nos centros oficiais e públicos, e facela máis sustentable, así como para compartir proxectos que poidan ser cofinanciados por programas europeos no marco do Eixo Atlántico.
Algúns destes proxectos foron expostos durante a celebración da XXIV asamblea Xeral do Eixo Atlántico, desenvolvida na cidade portuguesa de Santa María da Feira, preto de Oporto, á que asistiu o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, xunto cos alcaldes das cidades galegas e portuguesas integradas neste organismo.
A eficiencia enerxética, xunto coa mobilidade, son dúas cuestións que interesan especialmente ao concello do Carballiño e que teñen cabida en diversos programas de desenvolvemento sustentable, con líñas de financiamento europeo.
Por iso, o concello estudia novos proxectos que sirvan para cumplir esa finalidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-estuda-modelos-de-eficiencia-enerxética-para-implantar-nas-instalacións-públicas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-estuda-modelos-de-eficiencia-enerxética-para-implantar-nas-instalacións-públicas
[3] whatsapp://send?text=Fumega estuda modelos de eficiencia enerxética para implantar nas instalacións públicas http://copecarballino.es/novas/fumega-estuda-modelos-de-eficiencia-enerxética-para-implantar-nas-instalacións-públicas
[4] https://copecarballino.es/print/44068