Desenrolado por coroa.es
Os estudantes do Instituto nº 1 do Carballiño proclamáronse vencedores en Pontevedra da primeira fase do debate encol da desigualdade por razón de sexo, e pasarán á fase final, que se celebrará na mesma cidade o 30 de abril.
O equipo carballiñés, formado por Víctor Xesús Barreiro Domínguez (4º ESO), Marta López Gil (4º ESO), Beatriz Blanco Pousada (1º BAC), Sandra Pérez Vilas (1º BAC), Laura López López (1º BAC) e Eugenio Martín Álvarez Otero (1º BAC), foi o mellor fronteaos equipos dos institutos de Poio, Ponte Caldelas e os catro de Pontevedra cos que competiron.
Xunto co equipo do instituto Luis Seoane de Pontevedra, que tamén se clasificou, acudirán á fase final para enfrontarse cos institutos do resto de Galicia que obtiveron as puntuacións máis altas nesta fase.
O tema a debatir na fase final, será “En galego hai un mundo de cousas boas”.
Dase a circunstancia de que na edición do pasado ano, o equipo gañadora bsoluto do Club de Debate, foio deste mesmo instituto carballiñés.
Esta iniciativa educativa, organizada polos concellos con servizo de normalización lingüística, busca promover o uso do galego entre a mocidade, incentivar o pensamento crítico e fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia, traballando en equipo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/club-de-debate-o-equipo-do-ies-no-1-clasificado-para-gran-final-galega
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/club-de-debate-o-equipo-do-ies-no-1-clasificado-para-gran-final-galega
[3] whatsapp://send?text=Club de debate: O equipo do IES nº 1, clasificado para a gran final galega http://copecarballino.es/novas/club-de-debate-o-equipo-do-ies-no-1-clasificado-para-gran-final-galega
[4] https://copecarballino.es/print/44071