Desenrolado por coroa.es
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), adxudicará dúas vivendas de promoción pública vacantes no municipio do Carballiño. A Comisión Provincial de Vivenda decidiu, na súa reunión de hoxe, iniciar o procedemento de adxudicación de ditas vivendas.
Os inmobles, que se adxudicarán a través do preceptivo sorteo entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, están emprazados na avenida de Compostela 122 do Carballiño.
As vivendas a adxudicar son propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e xa estiveron ocupadas por anteriores adxudicatarios. O réxime de adxudicación (aluguer ou compravenda) dependerá dos ingresos dos adxudicatarios, xa que a normativa obriga á adxudicación en alugueiro cando os mesmos non superan 1,5 veces o Iprem (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudicara-2-vivendas-de-promocion-publica-na-avenida-de-compostela
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudicara-2-vivendas-de-promocion-publica-na-avenida-de-compostela
[3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudicará 2 vivendas de promoción pública na Avenida de Compostela http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudicara-2-vivendas-de-promocion-publica-na-avenida-de-compostela
[4] https://copecarballino.es/print/45739