Desenrolado por coroa.es
O luns catorce de marzo celebróuse o pleno no Concello de O Carballiño.
Entre os puntos da orde do día figuraba a moción de rechazo a instalación de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común no veciño concello de Maside.
A Corporación por unanimidade aprobóu o rechazo a dita instalación.
Como veciño de Maside non acabo de saír do meu asombro. Pregúntome cómo é posible que esta cuestión teña que acabar no salón de plenos do concello veciño. ¿Non temos en Maside un goberno municipal capaz de ventilar as problemáticas propias?
Lamentable a actitude do alcalde de Maside Celso Fernández de oscurantismo e secretismo ó negar información sobre o polémico proxecto, cando se lle solicitóu en varias ocasións.
Lamentable ter que chegar a que veñan os de fora limpar os detritus do noso Concello. Claro, O Carballiño está ó lado e xa hai tempo que o asunto lles cheiraba mal, moi mal.
Lamentable, que Paco Fumega, compañeiro de filas de Celso Fernández, tivera que manifestar na sesión plenaria que "non a queremos nin na comarca, nin por suposto no Carballiño"
Lamentable que o goberno municipal de Maside se aprobeite da súa maioría para tentar facer as cousas sí ou sí, obviando a vontade dos veciños.
Lamentable que tantos veciños de Maside nos sintamos estafados por Celso Fernández, e que tendoo votado con "v" empecemos a pensar en botalo con "b".
Lamentable, Alcalde de Maside e compañía, moi lamentable.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cuna-da-madeira-propia
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cuna-da-madeira-propia
[3] whatsapp://send?text=Cuña da madeira propia http://copecarballino.es/denunciacidada/cuna-da-madeira-propia
[4] https://copecarballino.es/print/45754