Desenrolado por coroa.es
O Diario Oficial de Galicia (DOG)ven de publicar a licitación das obras de mellora de seguridade viaria en tres estradas dos concellos de Vilamarín, Beade e San Cristovo de Cea mediante o investimento de máis de 710.000 euros.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada do alcalde de Cea, José Luis Valladares, visitou a estrada OU-504 unha das vías na que o Goberno galego executará melloras. Díaz Mouteira explicou que os traballos afectarán a un treito de 23 quilómetros_dende o remate da travesía de San Cristobo-Ribadavia ata a intersección coa N-525, en San Cristovo de Cea_ e consistirán na reparación do firme co obxecto de mellorar a seguridade viaria desta estrada.
A Consellería de Infraestrutura e Vivenda inicia hoxe o proceso de contratación deste proxecto, coa publicación da licitación, e das outras actuacións incluídas no contrato.
Este paquete de melloras de seguridade viaria licitadas hoxe inclúe ademáis un treito de 3,1km, entre A Grela (San Cristovo de Cea) e San Martiño (Vilamarín), na OU-901. A delegada territorial indicou que estes investimentos permiten que as estradas da Xunta de Galicia estean en óptimas condicións, incidindo na seguridade viaria e na comodidade na condución.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-cun-investimento-de-710000-euros-para-mellora-da-seguridade-viaria
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-cun-investimento-de-710000-euros-para-mellora-da-seguridade-viaria
[3] whatsapp://send?text=A Xunta licita obras cun investimento de 710.000 euros para a mellora da seguridade viaria http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-obras-cun-investimento-de-710000-euros-para-mellora-da-seguridade-viaria
[4] https://copecarballino.es/print/45782