Desenrolado por coroa.es
O alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantiveron un encontro de traballo no que abordaron diversas necesidades en materia de equipamento neste municipio.
Neste sentido, a titular deste departamento do goberno galego comprometeuse a estudar a colaboración co concello de San Amaro para financiar o proxecto de mellora do antigo campo da feira de San Amaro, na propia capitalidade municipal.
Trátase dun espazo de algo máis de 3.500 m2, no que ademáis se celebra a festa patronal, a carón da igrexa parroquial de San Amaro, e no que se pretende unha actuación de mellora, que xa foi consensuada previamente cos veciños da contorna.
A memoria económica elaborada polo concello para a execución deste proxecto elévase a 150.000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro
[3] whatsapp://send?text=A Xunta colaborará co concello nun proxecto de mellora urbana en San Amaro http://copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro
[4] https://copecarballino.es/print/45880