Desenrolado por coroa.es
O concelleiro de AV do Carballiño, Bernardo García, recordou como "este parque de bombeiros O Carballiño-Ribeiro leva varios anos de retraso na súa apertura, as instalacións están rematadas e xa foron licitados os vehículos, o problema agora é que se cambeou o modelo de xestíón, e que o Consorcio Provincial pretende sacar a concurso a xestión, privatizando o servizo, a o que nos nos opoñemos".
Alternativa Veciñal pretende que esta reivindicación sexa tratada nunha moción nun dos próximos plenos que celebre a corporación municipal do Carballiño, defendendo un modelo de xestión público "toda vez que as instalacións e dotación material fíxose con recursos públicos, ademáis polas características do servizo, a súa prestación non pode estar sometida á lóxica da obtención de beneficios, o que conlevaría a precarización do servizo".
Outro dos integrantes de AV, Manuel Nogueira, expuxo que este mesmo acordo vaise trasladar ao resto dos concellos de ambas comarcas, ademáis de esixir a apertura inmediata das instalacións sitas no parque empresarial do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que
[3] whatsapp://send?text=Alternativa Veciñal demanda a inmediata apertura do parque intercomarcal de bombeiros e pide que sexa de xestión directa http://copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que
[4] https://copecarballino.es/print/45892