Desenrolado por coroa.es
Tarde primaveral e gran afluencia de público ao "Luis Cid Carriega" de Allariz para ver o encontro de volta de cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, que clasificou ao Arenteiro para semifinais tras vencer por 1-3 aos alaricanos.
E curiosamente, foi un alaricano o que a piques de chegar ao descanso adiantou aos carballiñeses no marcador. Victor Gallego aprobeitou un fallo do porteiro local para, de cabeza, poñer a eliminatoria en franquicia, nunha primeira parte de xogo romo por ambas partes.
Tras a reanudación o Allariz encontrouse co gol que igualaba o partido, que non a eliminatoria, que seguía favorable ao Arenteiro, que logo a sentenciaría con dous bonitos goles de Sanginés.
Asi pois, o Arenteiro xa espera rival para as semifinais do torneo copeiro, do que é o vixente campión. Un rival que sairá do sorteo que se celebrará este xoves e no que ademáis do Arenteiro entrarán Monterrei, Poligono e Bande.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificado-para-semifinais-de-copa-deputacion-tras-vencer-en-allariz-1-3
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificado-para-semifinais-de-copa-deputacion-tras-vencer-en-allariz-1-3
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro, clasificado para semifinais de Copa Deputación, tras vencer en Allariz 1-3 http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-clasificado-para-semifinais-de-copa-deputacion-tras-vencer-en-allariz-1-3
[4] https://copecarballino.es/print/45954