Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro acabou perdendo en Atios por 3-1 un partido que ía gañando ata o minuto 78, non obstante a derrota deixa aos verdes no sétimo posto da liga 2015/2016 da Preferente, nunha das mellores clasificacións do Club nos últimos 20 anos.
Concretamente, este 7º posto so foi superado nas últimas dúas décadas pola 6ª posición da tempada 2007/2008. Polo tanto, podemos cualificar como de satisfactoria esta meritoria clasificación da tempada 2015/2016, na que o Arenteiro empata a puntos -58- co sexto clasificado, o Estradense, que queda por diante grazas ao coeficiente particular.
No derradeiro partido de liga, no campo porriñés de Atios, o equipo locatario e Arenteiro desputaron un partido bastante igualado ata o tramo final, logrando o Atios darlle a volta ao marcador nun par de minutos -78 e 79- e logo marcando o terceiro gol xa co tempo cumplido, ademáis de ter que lamentar a expulsión de Vitti no minuto 81. O Arenteiro adiantárase cun autogol do Atios na primeira parte.
Agora, unha vez que a liga baixou o seu telón, toca pensar na Copa e na SD Bande, que chegará a Espiñedo o próximo domingo dia 29 para xogar o partido de semifinais, a partir das 6 da tarde.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-acaba-liga-en-setima-posicion-unha-das-mellores-clasificacions-do-club-na
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-acaba-liga-en-setima-posicion-unha-das-mellores-clasificacions-do-club-na
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro acaba a liga en sétima posición, unha das mellores clasificacións do club na Preferente nos últimos 20 anos http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-acaba-liga-en-setima-posicion-unha-das-mellores-clasificacions-do-club-na
[4] https://copecarballino.es/print/45970