Desenrolado por coroa.es
O Alcalde de Piñor, José Luis González Rodríguez, acompañado de concelleiros e membros da organización do Rallymix de Piñor plantaron no día de hoxe 32 árbores autóctonas na parroquia de Torcela e no campo da festa do Arenteiro, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
O concello de Piñor celebrou o pasado mes de abril o I Rallymix e comprometeuse a plantar na zona do trazado unha árbore por cada piloto inscrito na proba, como acto simbólico para minimizar o impacto medioambiental ocasionado polos coches participantes.
Ás árbores son de especies características da zona e plantáronse na súa maioría na área recreativa da Eirexe de Torcela e no campo da festa do Arenteiro.
As especies foron cedidas pola Xunta de Galicia ó Concello de Piñor coa finalidade de contribuír á posta en valor do medio ambiente no rural galego, dos recursos naturais e da sostibilidade medioambiental.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-conmemora-o-dia-mundial-do-medio-ambiente-coa-plantacion-de-arbores-autoctonas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-conmemora-o-dia-mundial-do-medio-ambiente-coa-plantacion-de-arbores-autoctonas
[3] whatsapp://send?text=O concello conmemora o Dia Mundial do Medio Ambiente, coa plantación de árbores autóctonas http://copecarballino.es/novas/o-concello-conmemora-o-dia-mundial-do-medio-ambiente-coa-plantacion-de-arbores-autoctonas
[4] https://copecarballino.es/print/46023