Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro 2016/17 comezará a traballar o mércores dia 20 de Xullo ás 20:30 horas no Estadio de Espiñedo, no que será a xornada de presentación e inicio das sesións de adestramento para preparar a súa participación na Preferente Galicia.
O equipo comandado na dirección técnica por Manel Vázquez, contará con 4 caras novas: as de Rubén Arce e Carlos De Dios, procedentes do CD Barco; Adrián Padrón, que chega dende o Bergantiños de Carballo; e Saúl Castro, que rematou a pasada tempada na SD Bande, a onde chegara dende o Verín. Son xogadores de categoria e experiencia constrastada, polo que se agarda moito deles.
Con eles, estarán os futbolistas que continúan da pasada tempada: Pachi, Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Dafonte, Bardelás, Iván Portos, Esteban, Cristian, Adrián Pol, Dani Vázquez, Vitti, Alberto Blanco e Dani Chimpín. Ademáis, o club espera poder "repescar" a Marcos Castro, que tivera que abandonar o equipo mediada a pasada tempada por motivos profesionais.
No apartado de baixas, o club confirmou as de Martín Pérez, Sanginés, Marcos Sotelo, Aitor Martínez, Victor Gallego e Pana.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/nova-tempada-o-arenteiro-presentarase-o-dia-20-de-xullo-con-varias-novidades-no-plantel
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/nova-tempada-o-arenteiro-presentarase-o-dia-20-de-xullo-con-varias-novidades-no-plantel
[3] whatsapp://send?text=Nova tempada: o Arenteiro presentaráse o dia 20 de Xullo, con varias novidades no plantel http://copecarballino.es/novas/nova-tempada-o-arenteiro-presentarase-o-dia-20-de-xullo-con-varias-novidades-no-plantel
[4] https://copecarballino.es/print/46114