Desenrolado por coroa.es
Eu, Luís Pérez Estévez “Ficol” Concelleiro Portavoz do BNG no concello de Leiro. Motivo da denuncia: Brigada de prevención de incendios para 1 xefe de brigada e 4 peóns no concello de Leiro.
Eu como concelleiro é portavoz do BNG de Leiro, quero denunciar publicamente o meu malestar, vista a polémica xerada polo proceso de selección de ditas prazas.
Dicir que, non se lle deu a publicidade necesaria como pasa sempre no noso concello. Quero suliñar que varios veciños e veciñas do noso concello con graves problemas económicos non poderon optar as devanditas probas de selección.
Porén, optaron os de case sempre, persoal que aínda a día de hoxe están traballando nas brigadas de limpeza no noso concello co seu contrato en vigor.
O grupo municipal do BNG quer deixar moi claro que ante todo deben primar os problemas económicos das familias e non mirar nunca as cores políticas de ninguén O noso grupo, examinará o expediente da selección das devanditas prazas, para comprobar que cumpriu con todos os requisitos legais.
Un saúdo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-bng-de-leiro-sobre-o-procedemento-de-seleccion-de-brigadistas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/do-bng-de-leiro-sobre-o-procedemento-de-seleccion-de-brigadistas
[3] whatsapp://send?text=Do BNG de Leiro sobre o procedemento de selección de brigadistas http://copecarballino.es/denunciacidada/do-bng-de-leiro-sobre-o-procedemento-de-seleccion-de-brigadistas
[4] https://copecarballino.es/print/46133