Desenrolado por coroa.es
Os clientes da Praza de Abastos participarán no sorteo dun televisor LG de 43 pulgadas, que se celebrará o día 9 de setembro.
Esta iniciativa forma parte dunha campaña que foi presentada esta mañá polo concelleiro de Promoción Economica, Adolfo Nogueira, e os representantes dos praceiros Eligio González e Esther González.
Todas as persoas que merquen neste mercado ata o 9 de setembro recibirán unha rifa por cada compra de 5€ que poderán depositar nunha furna para entrar no sorteo.
Eligio González dixo que non sería a única iniciativa que se poñía en marcha para atraer clientes, senón que se farían outras máis adiante e que esperaban que fose un revulsivo para incrementar as vendas.
Asemade, dixo que nesta campaña participaban todos os postos do mercado e que estarían encantados de que se cubrisen canto antes as prazas vacantes. Tamén agradeceu ao concello o apoio que recibían.
Pola súa parte, Adolfo Nogueira engadiu que a campaña perseguía fidelizar a clientela e que dende a súa área municipal intentaban apoiar todo aquelo que supuxese recuperar a Praza de Abastos como un lugar onde mercar produtos frescos e de calidade, e convidou aos veciños redescubrir o mercado público do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/en-marcha-campana-promocional-da-praza-de-abastos-que-inclue-un-sorteo-para-os-clientes
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/en-marcha-campana-promocional-da-praza-de-abastos-que-inclue-un-sorteo-para-os-clientes
[3] whatsapp://send?text=En marcha a campaña promocional da Praza de Abastos, que inclúe un sorteo para os clientes http://copecarballino.es/novas/en-marcha-campana-promocional-da-praza-de-abastos-que-inclue-un-sorteo-para-os-clientes
[4] https://copecarballino.es/print/46176