Desenrolado por coroa.es
O informe presentado ante a Xunta Local de Seguridade do Carballiño constata un descenso no número de delitos denunciados no municipio no transcurso do último ano.
Doutra parte, abordouse o operativo de seguridade para a festa do pulpo, que integrarán máis de 200 persoas.
O operativo quedou ultimado nunha reunión da Xunta de Seguridade desenvolvida no salón de plenos do concello polos responsables dos distintos corpos, institucións e entidades encargadas de que todo transcurra con normalidade. A reunión estivo presidida polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a ela asistiron os concelleiros de Seguridade, Adolfo Nogueira; de Festas e Turismo, Xosé Manuel Dacal; de Cultura, Diego Fernández, así como os responsables de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Tráfico e Cruz Vermella.
A Festa do Pulpo reúne nun só día no Carballiño a ducias de miles de persoas e vehículos, e isto require unha boa previsión e coordinación para solventar de inmediato calquera incidencia que se poida producir.
Segundo os informes da Subdelegación do Goberno, tanto o plan de seguridade como o de autoprotección elaborado polo concello do Carballiño, están moi ben deseñados e resultan óptimos para que a festa se desenvolva con normalidade e resolver calquera incidencia.
Por outra parte, no informe anual de seguridade que elabora a Subdelegación do Goberno tamén se salientou o descenso no número de delitos así como de denuncias por violencia de xénero con respecto ao pasado ano no termo municipal do Carballiño, polo que se amosou unha grande satisfacción.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-constata-un-descenso-dos-delitos-denunciados-no-municipio
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-constata-un-descenso-dos-delitos-denunciados-no-municipio
[3] whatsapp://send?text=A Xunta Local de Seguridade constata un descenso dos delitos denunciados no municipio http://copecarballino.es/novas/xunta-local-de-seguridade-constata-un-descenso-dos-delitos-denunciados-no-municipio
[4] https://copecarballino.es/print/46181