Desenrolado por coroa.es
O Carballiño superará de novo o fito na preparación dunha tapa xigante de pulpo.
Será este martes, 9 de agosto, na Praza Maior do Carballiño.
Ese día, ás oito da tarde, as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño voltarán a elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo. Nesta edición, que e a sexta, o prato de madeira de piñeiro agrandarase un chisco máis.
Así, aumentará en 7 centímetros o seu diámetro anterior, acadando os 5,37 metros de diámetro. Nunca se viu un prato de pulpo de tal dimensión en ningunha parte. Para cubrilo é preciso cocer 750 quilogramos de pulpo e, unha vez rematado o proceso de cocción, cortalo en talladas axeitadas no menor tempo posible e aderezalo con aceite de oliva virxe, sal e pementón.
Unha labor que realizarán 25 expertos cortadores e cortadoras de pulpo. Deste prato sairán arredor de 2.000 racións que poderán ser degustadas, xunto cun anaco de pan de Cea e unha cunca de viño do Ribeiro, polos numerosos visitantes que se acheguen a O Carballiño esa tarde.
A tradición pulpeira do Carballiño, nada no medievo pola influencia do mosteiro de Oseira e o seu priorato de Marín, e que durante séculos foi espallada polas feiras e mercados de Galicia enteira e ainda de máis lonxe, acadará unha vez máis nesta LIV Festa do Pulpo o seu cénit.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-prepara-un-novo-record-mundial-sera-este-martes-9-de-agosto-na-praza-maior
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-prepara-un-novo-record-mundial-sera-este-martes-9-de-agosto-na-praza-maior
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño prepara un novo record mundial: será este martes 9 de Agosto na Praza Maior http://copecarballino.es/novas/o-carballino-prepara-un-novo-record-mundial-sera-este-martes-9-de-agosto-na-praza-maior
[4] https://copecarballino.es/print/46205