Desenrolado por coroa.es
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Personal, Adolfo Nogueira, asinaron cos representantes sindicais de CCOO, CSIF e SPPME un convenio que define os criterios de concesión do complemento de produtividade aos traballadores e traballadoras do concello.
O acordo adoutouse por maioría sindical, e establece criterios de carácter obxectivo para a percepción deste complemento, entre os que figuran a asistencia, a puntualidade así como a especial dedicación e o esforzo no desempeño do posto de traballo.
Este convenio é froito das conversas que se veñen mantendo dende a concellería de Persoal coa representación sindical dos empregados municipais, co obxectivo de definir e consensuar as relacións laborais na institución municipal, e que se deberán plasmar en documentos como a Relación de Postos de Traballo, as Bases para a Contratación de Persoal ou o Convenio Colectivo, que se negocian actualmente entre o concello e os sindicatos.
Neste senso, o convenio é un primeiro paso para avanzar na resolución destas cuestións que hai anos que están pendentes de facerse mediante un acordo entre o concello e os sindicatos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-sindicatos-asinan-un-acordo-que-fixa-os-criterios-de-produtividade-dos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-sindicatos-asinan-un-acordo-que-fixa-os-criterios-de-produtividade-dos
[3] whatsapp://send?text=Concello e sindicatos asinan un acordo que fixa os criterios de produtividade dos traballadores http://copecarballino.es/novas/concello-e-sindicatos-asinan-un-acordo-que-fixa-os-criterios-de-produtividade-dos
[4] https://copecarballino.es/print/46429