Desenrolado por coroa.es
A Deputación provincial comezou as obras de mellora do acceso ao Balneario Caldas de Partovia, que está próximo a inaugurarse.
A reforma consiste na ampliación do vial e asfaltado, co obxectivo de facilitar o acceso dos vehiculos e autocares ata a zona de aparcamento e de entrada do balneario, que están totalmente rematados. Este vial, que antes era moi estreito e apenas permitía o paso de microbuses, pasará a ter unha anchura duns 6 metros, polo que facilitará o acceso a calquera tipo de vehículos en ambos sentidos.
Para conseguir esta anchura procédese ao retranqueo do terreo colindante, rebaixando unha parte do mesmo e recheando outra parte coa pedra e terra sobrantes. Posteriormente, realizarase o labor de allanado e o asfaltado final.
Trátase dunha infraestrutura previa á inauguración e apertura deste novo balneario, que terá lugar nas próximas semanas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en
[3] whatsapp://send?text=A Deputación mellora o acceso ao novo balneario das Caldas de Partovia, que será inaugurado en breve http://copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en
[4] https://copecarballino.es/print/46662