Desenrolado por coroa.es
Deben andar moi ocupados con viaxes e promocionando a Festa do Polbo que se promociona por sí mesma. Para eso si que andan moi agudiños os políticos locais. Que si viaxes a Alemania pra facerse amigos do pulpo Paul, que si viaxes a cataluña (van vir moitisimos cataláns seica e imos regar con cava o pulpo).
Cando estaban na oposición, falaban de ampliar os horarios da residencia tempo libre, falaban do matadoiro, falaban de que o pobo esmorecía, falaban de moitas cousas. E agora que están no goberno vemos que son incapaces de elaborar unha RPT, incapaces de elaborar unhos orzamentos realistas que sirvan ó interese xeral do Carballiño. O pobo lamentablemente está máis triste que nunca. O concello estase a convertir nunha empresita organizadora de festexos. É doado adivinar cal será a política local nos vindeiros dous anos. Agora ven o Entroido e o concelleiro de turno despois de exprimir moitisimo os sesos poralle un pouco de colorido o evento. Mais tarde a Semana Santa, e xa entraremos na Festa do Polbo. Con cartos de todos, pagaremos as pulpadas dos seus amiguetes, que van a fartarse polo morro. E esto durante dous anos e medio mais. Esa é a gran política destes artistas.
E pouco máis... O que sorprende e que a oposición se contaxie da apatía do goberno, e non plantexe máis alternativas. Normalmente a esixencia dun goberno depende da calidade da oposición, e ata o de hoxe, este alcalde vai moi cómodo, non facendo nada polo Carballiño, e gobernando a base de fotos de eventos e festexos, cando non hai máis que dar un paseo pra ver o deprimido que está o pobo cando non hai festa.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/apatia-e-neglixencia-do-goberno-local
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/apatia-e-neglixencia-do-goberno-local
[3] whatsapp://send?text=Apatía e neglixencia do goberno local http://copecarballino.es/denunciacidada/apatia-e-neglixencia-do-goberno-local
[4] https://copecarballino.es/print/46730