Desenrolado por coroa.es
Tal como lles viñemos avanzando dende esta emisora de radio, o concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea foi o gran protagonista da sesión plenaria da corporación que serviu para aprobar o orzamento elaborado polo goberno municipal socialista.
Bernardo García propiciu, co seu voto favorable, a aprobación dun presuposto para o ano 2107 que ascende a 9,8 millóns de euros.
Explicou o concelleiro que, aínda sendo crítico con algúns aspéctos do orzamento, facilitaba a súa aprobación ao asumir o alcalde o compromiso das peticións formuladas dende Alternativa Veciñal: remate de beirarrúas na avenida do Parque, na zona dos chaléts e construcción de novas beirarrúas na antiga estrada de Pontevedra, entre o parque e o acceso ao camping municipal, asi como o acondicionametnto da rúa da Saleta. Tamén a apertura dunha emisora municipal de radio ou a remunicipalización da recadación municipal.
A asusencia da concelleira socialista Marina Ortega, de baixa médica, motivou un empate a oito votos favorables -7 do grupo socialista e o de Bernardo García- e oito votos en contra deste orzamento, os do resto da oposición, PP, BNG e o concelleiro non adscrito, todos foron moi críticos co proxecto do grupo socialista. Desfixo o empate o voto de calidade do alcalde.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-consigue-que-se-aprobe-o-orzamento-municipal-ao-lograr-o-apoio-de-bernardo-garcia-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-consigue-que-se-aprobe-o-orzamento-municipal-ao-lograr-o-apoio-de-bernardo-garcia-o
[3] whatsapp://send?text=O goberno consigue que se aprobe o orzamento municipal ao lograr o apoio de Bernardo Garcia, o resto da oposición votou en contra. http://copecarballino.es/novas/o-goberno-consigue-que-se-aprobe-o-orzamento-municipal-ao-lograr-o-apoio-de-bernardo-garcia-o
[4] https://copecarballino.es/print/46753