Desenrolado por coroa.es
Anque teño un amigo no Irixo que se chama Eladio, coido que non se trata do veciño que se queixa, con máis razón que un santo, do historico desprezo que Gas Natural Fenosa amosa hacia os seus aboados, que, por certo, pagan relixiosa e regularmente o suministro se non queren quedar sen luz.
Na prensa escrita de hoxe, a compañía eléctrica, apresúrase a publicar un comunicado co que semella tratar de xustificar o inxustificable. En dita comunicación, diríase que pretende respostar ó amigo Eladio, e ós centos de veciños da comarca, que coma él levamos anos sufrindo os desmáns de Unión Fenosa, ou Unión "Penosa", como acertadamente é nomeada por moitos.
Pinden disculpas por ter a centos de fogares do rural sen suministro ata 48 horas. Manifestan que este temporal ten carácter "excepcional". Tamén se gaban, de cotribuír coas súas inversións ó "desarrollo do rural". Ademáis pedían "paciencia" ós aboados. Supoño que non se referirían á mesma que a compañía ten á hora de cobrar o recibo.
Non son quen de atopar por ningún lado a excepcionalidade deste temporal nunha terrra, na que ano tras ano, os invernos traen estes fenómenos meteorolóxicos. Dendo o célebre "Hortensia" alá polos anos oitenta, ata as derradeiras "cicloxéneses explosivas" (Agora disque se chaman así ) ten habido, e en boa lóxica seguirá habendo, temporáis de maneira prácticamente regular. En canto a suposta inversión no rural da que alardean os da eléctrica, este xuntador de palabras, non a atopa por ningún lado. A proba é que seguimos tendo deficiencias e cortes de suministro hoxe igual que fai vinte anos.
Pedía o veciño do Irixo, que as administracións tomaran cartas no asunto e promoveran accións legáis para solucionar este despropósito permanente... Dubídocho ben, amigo Eladio. Seguramente porque esas autoridades que deberían actuar, a corto plazo pasarán a sentarse nos consellos de Administración das eléctricas, ou en cómodos postos a modo de retiros dourados. Verbigracia: O ínclito Director Xeral da Benemérita saliente; Don Arsenio, que seica era a persoa idónea para pasar a formar parte do consello de Rede Eléctrica Española. Supoño que esa "idoneidade" non será pola súa formación derivada da súa plaza de xardiñeiro do Concello de Ferrol.
O dito, Eladio, coido que polo momento sólo nos queda xestionar o mellor posible a nosa indignación e seguirnos encabronando ano tras ano coa compañía eléctrica de turno que ningunea e abusa do rural.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/clamar-no-deserto
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/clamar-no-deserto
[3] whatsapp://send?text=Clamar no deserto http://copecarballino.es/denunciacidada/clamar-no-deserto
[4] https://copecarballino.es/print/46780