Desenrolado por coroa.es
E digo eu que imos votar ou que pintamos maña na asemblea a que se nos convocou, si Bernardo comprometeunos e atounos de pes e mans ao votar a favor dos orzamentos para o ano 2017 sen que se reflexaran as nosas peticións nas partidas e despois de que ó PSOE nos apuñalara só 20 dias despois do pleno. Por iso está ben tranquilo Paco Fumega e se me apuras estará a rirse de nos.
E explícome! Por culpa do empeño de Bernardo en votar a favor dos orzamentos no pleno, agora non cabe lugar a facer alegacións no período dos 15 dias habilitados.
Só se permiten as alegacións e poder botarse atrás se se vota en contra ou se un abstense na votación.
Co sinxelo q houbera sido dicirlle a Paco Fumega que retirara o punto dos orzamentos no pleno, e volvelo levar para o seguinte pleno xa con todo corrixido e reflexado nas contas. E ademais xa estando a corporación completa bastaba con absterse para aprobalos e se vías algo irregular entón aí si podíase alegar no período habilitado.
Pero non como Bernardo estaba cegado, a xogada saíulle perfecta a Paco Fumega ao faltarlle una concelleira do seu grupo, o PSOE, por baixa (Marina Ortega), e así obrigalo a ter que votar a favor para amarralo e así que non puidera volverse atrás.
Por iso 20 dias despois do pleno o alcalde en minoría permítese sacar a concurso a licitación por 3 anos do servizo de recadación onde curiosamente traballa a súa muller dende fai anos, e iso despois de fartarse a dicir él (Paco Fumega) o seu portavoz (Adolfo Nogueira) e todo o seu partido (o PSOE) durante as eleccións municipais que si gobernaban o concello do Carballiño recuperaría a xestión dos servizos públicos. Polo lo que se ve, vaia trola nos meteron cos orzamentos do 2017!
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/gran-trola-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/gran-trola-0
[3] whatsapp://send?text=A gran trola http://copecarballino.es/denunciacidada/gran-trola-0
[4] https://copecarballino.es/print/46842