Desenrolado por coroa.es
O concelleiro Chema Ferreiro, acompañado da responsable local do BNG, Sofía García, anunciaron que esta formación política ven de presentar no rexistro xeral do concello carballiñés o escrito polo que solicitan a "impugnación da aprobación dos orzamentos, propoñendo a repetición do debate nunha nova convocatoria do pleno, pero si coa documentación completa a disposición da corporación".
Na alegación presentada polo grupo nacionalista expónse que "no pleno do dia 2 de Febreiro aprobaronse os orzamentos para este ano, e o BNG votou en contra, e a negativa a dita aprobación estaba fundamentada en notables deficiencias de forma, asi como a falla de documetnación precisa que debería acompañar o orzaemtno, tal cmo sinala o artigo 168 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais".
Aseguran os representantes do BNG que tanto o anexo de persoal do concello carballiñes e o anexo de investimentos a realizar este exercicio non figuraban na documentación dos orzamentos.
No transcurso dunha intervencións nesta emisora de radio, Chema Ferreiro mostrou a súa "perplexidade" pola situación política que vive estes dias o concello do Carballiño tras o conflicto no que derivou o acordo entre o alcalde e o concelleiro de Alternativa-En Marea, e que propiciou precisamente a maioria necesaria para a aprobación dos orzamentos desta ano 2017.
O concelleiro do BNG entende que "a solución" para resolver esta situación pasa pola impugnación do acordo de aprobación dos orzamentos,de tal maneira que se volvan presentar ao pleno e nos mesmos se reflicten os acordos alcanzados entre goberno e AV, acompañando os mesmos das súas correspondentes consignacións económicas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-mostra-perplexidade-pola-situacion-no-concello-do-carballino-e-anuncia-que-impugna
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-mostra-perplexidade-pola-situacion-no-concello-do-carballino-e-anuncia-que-impugna
[3] whatsapp://send?text=O BNG mostra
[4] https://copecarballino.es/print/46857