Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal do BNG no concello de San Cristovo de Cea ven de presentar unha moción de urxencia na que pide á corporación que "solicite de inmediato a paralización do expediente de expropiacións, atender as demandas dos veciños e solicitar un novo proxecto integral para toda a estrada Viduedo -Mandrás, para que se execute á maior brevidade".
Os nacionalistas recollen a demanda dos veciños afectados, que "mostraron a súa sorpresa diante un proxecto que se esquece do resto da estrada e só considera un tramo de 100 metros, xustamente na fachada e acceso lo Pazo de A Pousa, en Vilaseco".
Ademáis, "exprópianse só as fincas de pequenos propietarios situadas enfronte ó Pazo, sen que as déste se vexan afectadas", aseguran no escrito presentado polos concelleiros Manuel Pérez e Mariña Arbor.
Para acceder á moción do grupo municipal do BNG de Cea, prema no arquivo adxunto:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-favoritismos-nas-expropiacions-do-vial-viduedo-mandras-e-pide-un-novo-proxecto
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-favoritismos-nas-expropiacions-do-vial-viduedo-mandras-e-pide-un-novo-proxecto
[3] whatsapp://send?text=O BNG denuncia favoritismos nas expropiacións do vial Viduedo-Mandrás e pide un novo proxecto integral http://copecarballino.es/novas/o-bng-denuncia-favoritismos-nas-expropiacions-do-vial-viduedo-mandras-e-pide-un-novo-proxecto
[4] https://copecarballino.es/print/46881
[5] https://copecarballino.es/sites/default/files/mocionbng.jpg