Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destina máis de 250.000 euros á mellora da OU-212 nos concellos de Beariz e Avión

13, Marzo 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisaron as obras de mellora da seguridade viaria executadas na estrada OU-212, que comunica a localidade da Ermida co Concello de Beade a través dos municipios de Beariz e Avión, actuacións nas que o Goberno galego investiu máis de 250.000 euros.

A Xunta levou a cabo actuacións de reforzo de firme en varios puntos da estrada nun treito de 6 km, desde a travesía de Beariz cara ao norte, ata o enlace coa estrada N-541.

Estes traballos contaron cunha achega dun importe duns 157.000 euros. Nesta mesma estrada, en xaneiro tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme nun treito de 2 quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada a Liñares, xa no termo municipal de Avión.

Esta infraestrutura viaria, pero neste caso, xa no núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-destina-mais-de-250000-euros-mellora-da-ou-212-nos-concellos-de-beariz-e-avion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-mais-de-250000-euros-mellora-da-ou-212-nos-concellos-de-beariz-e-avion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-mais-de-250000-euros-mellora-da-ou-212-nos-concellos-de-beariz-e-avion [3] whatsapp://send?text=A Xunta destina máis de 250.000 euros á mellora da OU-212 nos concellos de Beariz e Avión http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-mais-de-250000-euros-mellora-da-ou-212-nos-concellos-de-beariz-e-avion [4] https://copecarballino.es/print/46899