Desenrolado por coroa.es
Os vinteún locais hostaleiros integrados na Ruta das Tapas ofrecerán este venres unha ampla gama de brochetas nunha nova xornada desta iniciativa gastronómica.
O evento foi presentado este mediodía no restaurante Don Paco e contou coa presencia dos concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente; do presidente e da xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente; da xerente da bodega Pazo Tizón, Cristina Mouriño e dunha boa representación dos vinteún locais hostaleiros que forman parte da Ruta das Tapas.
Brocheta de pulpo con puré de garbanzos e zanoria; brocheta de lomo de porco adobado, piña, mazá e salsa oli-oli; brocheta de langostinos con piña e ensalada, e outras modalidades de borchetas poideron degustarse hoxe na presentación desta ruta que está adicada ás brochetas e que é a penúltima xornada desta tempada.
O concelleiro de Turismo, así como a representante do CCA, fixeron fincapé na extraordinaria oferta gastronómica que hai para visitar este venres os locais hostaleiros e participar no concurso de premios final, coa entrega de vales por un valor total de 2.000 euros para gastar no comercio local.
Dacal ensalzou o protagonismo dos cociñeiros e cociñeiras, que son o mellor reclamo do Carballiño para atraer visitantes.
Pola súa parte, a representante da bodega Pazo Tizón que patrocina o evento, lembrou a consecución do primeiro premio da cata oficial na última edición de Vinus Terrae, o que supón un novo aliciente para percorrer os mesóns, bares e restaurantes para degustar unha brocheta por 2 euros e acompañala cunha copa de Pazo Tizón.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/hosteleria-carballinesa-recibe-semana-santa-cunha-nova-ruta-das-tapas-dedicada-brochetas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/hosteleria-carballinesa-recibe-semana-santa-cunha-nova-ruta-das-tapas-dedicada-brochetas
[3] whatsapp://send?text=A hostelería carballiñesa recibe a Semana Santa cunha nova ruta das tapas, dedicada ás brochetas http://copecarballino.es/novas/hosteleria-carballinesa-recibe-semana-santa-cunha-nova-ruta-das-tapas-dedicada-brochetas
[4] https://copecarballino.es/print/46985