Desenrolado por coroa.es
Miles de persoas participaron ou presenciaron no transcurso da última semana as actividades organizadas pola Cofradía da Veracruz, o que consolida á Semana Santa carballiñesa como o gran referente na Galicia interior.
Todas as actividades programadas están rexistrando unha gran afluencia de público, como as exposicións no Templo da Veracruz, as celebracións relixiosas, e tamén as catro grandes procesións, entre as que outro ano máis hai que destacar a máis popular de todas elas, a dos "caladiños", a procesión "estrela" da Semana Santa Carballiñesa.
Mención especial merece o traballo que desenvolve a Irmandade da Veracruz, que cada ano que pasa logra superarse, e este ano non foi menos, incorporando novos pasos, como o visto na procesión de Ramos ou a magnífica posta en escea na procesión nocturna do Xoves Santo.
Notable afluencia de turístas
A maiores das actividades da Cofradía da Veracruz, o concello do Carballiño organizou durante estes dias unha variada oferta de ocio e cultura, tanto para veciños como visitantes, que están contribuíndo a animar a vila nestas datas.
Ademáis, o bo tempo acompañou e favoreceu a participación en moitas destas actividades.
Á falta dun balance final sobre a afluencia de turístas e a ocupación hoteleira desta Semana Santa 2017 no Carballiño, a impresión xeral apunta a unhos excelentes datos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/semana-santa-carballinesa-consolidase-como-referente-na-galicia-interior
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/semana-santa-carballinesa-consolidase-como-referente-na-galicia-interior
[3] whatsapp://send?text=A Semana Santa carballiñesa consolídase como referente na Galicia interior http://copecarballino.es/novas/semana-santa-carballinesa-consolidase-como-referente-na-galicia-interior
[4] https://copecarballino.es/print/47009