Desenrolado por coroa.es
O accidente rexistrouse este martes na estrada N-541 á altura da localidade de Listanco, no municipio de Maside.
O camión envorcou e logo incendiouse, o lume propagouse a unha vivenda. Ardeu a cabeza tractora do vehículo e unha palleira anexa á vivenda.
Según os datos facilitados ao 112, ninguén resultou ferido, e o conductor do camión saíu polo seu propio pé, e non había xente dentro da casa.
Varios particulares alertaron ao CAE 122 do ocurrido a primeira hora da tarde.
Nun primeiro momento, os veciños intentaron apagar o lume do camíón con mangueiras. decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias informaba do suceso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil do Carballiño e á Garda Civil. Finalmente, o lume quedou extenguido, evitando que se extendese ás vivendas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ninguen-resultou-ferido-arde-un-camion-accidentado-en-listanco-e-o-lume-propagase-unha-casa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ninguen-resultou-ferido-arde-un-camion-accidentado-en-listanco-e-o-lume-propagase-unha-casa
[3] whatsapp://send?text=Ninguén resultou ferido: arde un camión accidentado en Listanco, e o lume propágase a unha casa http://copecarballino.es/novas/ninguen-resultou-ferido-arde-un-camion-accidentado-en-listanco-e-o-lume-propagase-unha-casa
[4] https://copecarballino.es/print/47061