Desenrolado por coroa.es
A primeira das tres esculturas adicadas ao pulpo que foron realizadas o pasado ano en setembo nun certame que se realizou ao aire libre na praza da Veracruz, está xa instalada na rotonda de Conde Vallellano, entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben Cho Sei. A peza é obra do escultor Abdón Fernández, de Berán. Trátase duna tesoira cortando unha tallada de pulpo.
As outras dúas esculturas, uns rabos cocidos e unha cabeza humana con rabos saíndo do pelo, dos escultores Alberto Fernández e Claudio Barros, respectivamente, serán colocadas próximamente noutros lugares do Carballiño.
Asemade, estúdase a posibilidade de encargar a escultura dunha pulpeira cun caldeiro de pulpo a tamaño real, que podería ubicarse nalgún lugar de Arcos. Ao respecto, o concello está elaborando un proxecto para presentarlle aos pulpeiros e pulpeiras desta parroquia co obxectivo de consensualo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-con-3-esculturas-dedicadas-ao-polbo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-con-3-esculturas-dedicadas-ao-polbo
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño contará con 3 esculturas dedicadas ao polbo http://copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-con-3-esculturas-dedicadas-ao-polbo
[4] https://copecarballino.es/print/47128