Desenrolado por coroa.es
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da deputación provincial de Ourense, José Manuel Baltar,e alcaldes das comarcas do Carballiño e O Ribeiro asistiron esta tarde á inauguración do novo Parque de bombeiros do Carballiño, que dará servizo a partir de agora a un total de 23 concellos -todos os do Carballiño e o Ribeiro, e tamén aos de Amoeiro, Coles, Vilarmarín e A Peroxa- cunha poboación que supera os 50.000 habitantes.
O Goberno autonómico, a deputación provincial e os concellos teñen colaborado na construción e equipamento desta infraestrutura. En total, o orzamento total investido ascendeu a preto de 2 millóns de euros.
En canto ao mantemento deste Parque, os encargados de financialo serán a Xunta e a Deputación provincial.
A nova infraestuctura está dotado cun parque móbil para atender as necesidades en materia de extinción de incendios e salvamento, e unha dotación de persoal integrada por 19 bombeiros.
Máis información e audios do acto de inauguración na programación local de COPE O Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha
[3] whatsapp://send?text=Inaugurado o novo Parque Intercomarcal de Bombeiros do Carballiño, que dará cobertura a unha poboación de 50.000 persoas http://copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha
[4] https://copecarballino.es/print/47154