Desenrolado por coroa.es
Paréceme increible que ningún partido político do Carballiño vexa a necesidade dun hospital comarcal no Carballiño, sempre temos que desprazarnos a Ourense ó hospital ou á residencia, non hai servicio de pediatría de urxencia,non hai para facer unha resonancia, nin un tac, nin ningún médico especialista, nin para unha simple intervención,...Alguén se pregunta o custo, o tempo e o traballo que lle supón a moitos veciños do Carballiño e do Ribeiro desprazarse a Ourense. A maioría das veces as persoas non poden ir soas e as que están ben e poden ir a Ourense non se desenvolven tan ben como no Carballiño. Ir a Ourense require tempo, cartos e horas de espera por colapsos no hospital. Xa por non falar cando tes que acompañar as persoas maiores que teñen unha proba un día e outra ó día seguinte e así sucesivamente, os que traballamos non podemos perdir na empresa tantos días como podes necesitar. Si tuvesemos os servicios máis preto poderíamos ter outras opcións. E pensa alguén nas persoas que están soas e teñen que ir o médico a Ourense? teñen que buscar a solidaridade dalgún veciño que os leve ou pagar o que non se poden permitir en moitos casos para que os acompañen. Tendo o servicio de hospital comarcal teríamos máis facilidades xa que o que necesita acompañante non é o mesmo ter que levalo o Carballiño facer unha proba desde o propio Carballiño ou dende un pobo da contorna que chegas nun momento que ir a Ourense, sigo decindo que require mais tempo, cartos en aparcamento e horas de colapso. O mesmo opino cando unha persoa está ingresada no hospital, imos a Ourense moitos días seguidos, temos que comer alí, gastar os cartos en aparcamento, en taxis, en autobuses... pois prefería deixarlle os cartos os hostaleros, taxistas e demais persoas do Carballiño e ter un servicio tan necesario e importante en toda a comarca.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-sanidade-no-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-sanidade-no-carballino
[3] whatsapp://send?text=Sobre a sanidade no Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-sanidade-no-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/47216