Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro xa é oficialmente equipo da 3ª división dende a tarde deste domingo, o club do Carballiño regresa á elite do fútbol galego.
O ascenso do Rapido de Bouzas á 2ª división B do futbol español, propicia que o Arenteiro faga boa a promoción de ascenso gañada ante a Agrupación Estudiantil e volva, 23 anos despois, a competir na máxima categoria do fútbo galego na vindeira tempada 2017-2018.
Trátase do terceiro ascenso do Arenteiro á 3ª división nos 59 anos de historia do club. O primeiro fora no ano 1964, tamén tras gañar unha promoción de ascenso ante o Calvo Sotelo de As Pontes. O segundo e ata o de agora último ascenso na historia do Arenteiro remóntase a fai 37 anos atrás, en 1980, e daquéla tras quedar como 7º clasificado da "Serie A Regional" e producirse unha reestruración de categorias, ao pasar a ter carácter autonómico á 3ª división.
A última participación do Club Deportivo Arenteiro na categoria á que agora accede de novo foi na tempada 1993-1994, agora 23 anos despois regresa á terceira división do fútbol español.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/historico-ascenso-do-arenteiro-3a-division-de-futbol
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/historico-ascenso-do-arenteiro-3a-division-de-futbol
[3] whatsapp://send?text=Histórico ascenso do Arenteiro á 3ª división de fútbol http://copecarballino.es/novas/historico-ascenso-do-arenteiro-3a-division-de-futbol
[4] https://copecarballino.es/print/47226