Desenrolado por coroa.es
Coa magnífica banda de música popular Coribantes, que estará acompañada polo grupo de pandereteirasMaianas e o cantante Manoele de Felisa (ex de A Roda), comeza este luns, 7 de agosto, a Semana Grande da LV Festa do Pulpo.
Concertos, homenaxes e actividades gatronómicasdesenvoleranse durante toda a semana ata o domingo 13, coa celebración da Festa do Pulpo no Parque Municipal.
Este lúns haberá Xornada de Ruta das Tapas nos locais de hostalería, que estarán dedicadas ao pulpo. Será a partir das 20,00 h., nos bares, mesóns e restaurantes que forman parte desta ruta gastronómica. Coribantes, Maianas e Manoele de Felisa actuarán no anfiteatro da praza da Veracruz a partir das 21,00 h.
O martes, 8, será o día da Tapa Xigante de Pulpo, na Praza Maior, a partir das 20,00 h. E pola mañá renderemos homenaxe aos propietarios da antiga xeadería La Ibense.
O mércores 9, teremos un extraordinario concerto de música folk a cargo de Budiño e Mercedes Peón, que actuarán na Praza Maior ás 23,00 h.
O xoves está programado o Festival Folclórico Internacional, tamén na Praza Maior, ás 21,00 h.
E o venres 11, gran concerto de música pop co grupo LA UNIÓN, que actuará na PrazaMaiorás 23,30 h.
Ademáis haberá actividades infantís polos barrios e actividades deportivas durante toda a semana, na que O Carballiño agarda unha afluencia masiva de visitantes..
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-na-semana-grande-da-festa-do-pulpo-con-actividades-diario-e-prevision-dunha
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-na-semana-grande-da-festa-do-pulpo-con-actividades-diario-e-prevision-dunha
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño entra na Semana Grande da Festa do Pulpo con actividades a diario, e previsión dunha multitudinaria afluencia de visitantes http://copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-na-semana-grande-da-festa-do-pulpo-con-actividades-diario-e-prevision-dunha
[4] https://copecarballino.es/print/47343