Desenrolado por coroa.es
Un centenar de persoas, entre as que se atopaban os portavoces e membros da corporación municipal do Carballiño, funcionarios, veciños e visitantes, concentráronse este venres dia 18 de Agosto ás 12 da mañá na Praza Maior e gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos atentados de Barcelona e Cambrils e en solidariedade coas vítimas, as súas familias e os veciños destas localidades.
Esta convocatoria levouse a cabo secundando a realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Dende primeiras horas da mañá as bandeiras do concello do Carballiño están a media asta en sinal de condolencia.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/minuto-de-silencio-na-praza-maior-en-sinal-de-condolencia-e-solidariedade-coas-vitimas-dos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/minuto-de-silencio-na-praza-maior-en-sinal-de-condolencia-e-solidariedade-coas-vitimas-dos
[3] whatsapp://send?text=Minuto de silencio na Praza Maior en sinal de condolencia e solidariedade coas vitimas dos atentados de Catalunya http://copecarballino.es/novas/minuto-de-silencio-na-praza-maior-en-sinal-de-condolencia-e-solidariedade-coas-vitimas-dos
[4] https://copecarballino.es/print/47373