Desenrolado por coroa.es
Un home, de 67 anos de idade, perdeu a vida este sábado no incendio da vivenda familiar na localidade de Lagorzos, na parroquia de San Cosme de Cusanca, no municipio do Irixo.
O lume declarouse nunha das habitacións da casa, que consta de planta baixa, un piso e ático, e ao parecer a súa construcción é relativamente recente, dunhos dez anos de antiguidade.
O lume so afectou á habitación na que dormía a victima, á que os Bombeiros do Carballiño encontraron xa morta cando accederon ao interior do inmoble.
Ademáis da persoa falecida, na vivenda encontrabanse outras dúas persoas, un irmán da vitima e a nai de ambos, que estaban xa fora da casa cando chegaron os bombeiros, ainda que o irmán do falecido tivo que ser trasladado para recibir asistencia por intoxicación e feridas leves causadas no intento de rescatar ao seu irmán.
Polo momento descoñecense as causas que provocaron o incendio.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-persoa-falece-nun-incendio-declarado-na-sua-vivenda-na-parroquia-de-san-cosme-de-cusanca
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-persoa-falece-nun-incendio-declarado-na-sua-vivenda-na-parroquia-de-san-cosme-de-cusanca
[3] whatsapp://send?text=Unha persoa falece nun incendio declarado na súa vivenda, na parroquia de San Cosme de Cusanca http://copecarballino.es/novas/unha-persoa-falece-nun-incendio-declarado-na-sua-vivenda-na-parroquia-de-san-cosme-de-cusanca
[4] https://copecarballino.es/print/47435